As aulas ábrense de novo no primeiro curso da LOMCE

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/10/comeza_curso_lomce_primaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/10/comeza_curso_lomce_primaria.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> Por fin chegou o día. Como cada ano, con setembro volven as clases e dende hoxe preto de 18 mil rapaces encherán as aulas das comarcas de Arousa e do Barbanza. Para os pequenos, o retorno será como cada ano. Para pais, profesores e administración, este curso ten como fondo a implantación da LOMCE, a nova lei de educación.

Algúns choros, outras tantas caras de ledicia e, sobre todo, moitos nervios. Esta foi a imaxe máis repetida hoxe nos colexios.

Volven os madrugóns, os libros, as mochilas e os deberes, e as aulas abren as portas para recibir aos que, un ano máis, terán que traballar duro para superar as materias.

9.000 pequenos arousáns e 8.900 do Barbanza recuperan a rutina da volta ao cole. Tamén os seus pais.

E co novo ano, estréase tamén nova lei de Educación. A LOMCE chega rodeada de polémica aos cursos de primeiro, terceiro e quinto de primaria.

Polo demais, o curso arranca con trece profesores menos nas aulas das dúas comarcas, aínda que a tendencia xeral é que os centros conten con máis alumnos matriculados.