Continúa a investigación para dar caza ó atracador da Pobra

    POBRA> A Garda Civil de Boiro continúa traballando para identificar á persoa que atracou, a punta de pistola, un supermercado da Pobra do Caramiñal. O acto quedou rexistrado nas cámaras de seguridade, e alí pode verse que o ladrón vestía un chándal negro, gorra e unha braga que lle cubría parcialmente a cara. Recorreu os corredores do Eroski durante uns minutos e posteriormente apuntou coa arma a unha das dependentas, para que lle entregara o contido da caixa. Con 630 euros no peto, foi visto en dirección á rúa Venecia. Nun primeiro momento, as autoridades consideraron a posibilidade de que collese un autobús para Ribeira, non obstante esa información xa está descartada. Continuaremos informándolle das novidades no caso.