Novas prazas de aparcamento para a festa da Guadalupe

    Con motivo das festas da Guadalupe, o concello de Rianxo habilita 5.000 prazas de aparcamento nas zonas de Recheo, Punta Fincheira, Rianxiño, Martela, Xogo dos Bolos, Tanxil, Carretera, e Terreo. O inicio das festas terá lugar esta noite ca concentración das Juadalupeñas, na Praza Castelao, e rematarán o vindeiro venres ca cantada da Rianxeira. Os días nos que se prevé maior afluencia serán o domingo, con motivo da procesión, o xoves pola celebración do feirón mariñeiro e sobre todo o venres 19, onde máis de 3000 persoas cantarán a Rianxeira na praza de Castelao. Para facer fronte a esta cantidade de xente, a Policía Local traballará a dobres quendas e contará coa axuda de policías doutros concellos. Tamén haberá servizos de ambulancias, bombeiros e reforzo de persoal médico.