O concello de Ribeira acomete a mellora do centro urbano

    RIBEIRA > O executivo ribeirés confía en que as obras de mellora en varias rúas do casco urbano de Ribeira estean rematadas antes do Nadal.

    O concello ribeirés destinou unha partida de máis de 720 mil euros á pavimentación das rúas Miguel Rodríguez Bautista, Mariño de Rivera, Otero Pedrayo, entorno do concello, Nove de Agosto, Frade e Escorial. Dende o executivo valoraron moi positivamente a marcha dos traballos que permitirán amplia-las beirarrúas, eliminando parte das zonas de estacinamento existentes, o que permitirá tamén conseguir unha circulación máis fluída.

    O rexedor ribeirés pediu tamén desculpas ós veciños polos problemas que están a causa-las obras, asegurando que unha vez concluídas todos poderán desfrutar das melloras realizadas.

    Con esta actuación o executivo ribeirés pretende continua-la liña marcada hai algún tempo levando a cabo a humanización do actual casco urbano da cidade, potenciando ademais o comercio local.

    Redacción Barbanza