O PP muradán denuncia o mal estado do cemiterio municipal da Atalaia

    MUROS> A voceira do Grupo municipal do Partido Popular, Inés Monteagudo, denunciou hoxe o estado de abandono e deterioro no que se atopan as instalacións do cemiterio municipal da Atalaia. A través dunha moción que levará á vindeira sesión plenaria a ‘popular’ reclama ó goberno local a realización dun proxecto de acondicionamento en condición, e se habilite unha partida orzamentaria para manter o recinto. Monteagudo sinala que a súa denuncia recolle o profundo malestar da veciñanza polo mal estado do acceso principal, a zona central e as ramplas de subida, así como polas gretas, as manchas nas paredes e a inexistencia de axardinamento no recinto.