Continúan os conflitos na confraría de Cabo

    Novos enfrontamentos na confraría de Cabo de Cruz sáldanse coa detención dunha persoa e outro imputado, tras ameazar de morte a varios directivos do novo equipo de goberno. Ademais, o coche utilizado para vixiar ós furtivos, na noite do venres, quedou inutilizado tras pasar por riba de varias táboas de madeira con puntas cara arriba, enterradas no areal premeditadamente. A patroa, Raquel Souto, non quere pasar por alto estes sucesos, e recorre á Garda Civil para erradicalos de inmediato.