BOIRO> O Centro Social albergou un obradoiro de cociña impartido polos irmáns Cannas, do restaurante Pepe Vieira, que conta cunha estrela Michelín.
Ó redor dunhas 30 persoas, a maioría delas pertencentes a distintos establecementos hostaleiros da comarca, participaron a última hora da tarde no centro social boirés nunha demostración gastronómica a cargo dos irmáns Cannas do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, establecemento que conta cunha estrela Michelín e dous soles na guía Repsol.
{flowplayer}barbanza/demostraciongastronomica.flv{/flowplayer}
A inciativa forma parte do proxecto de Dinamización Turística do mexillón boirés, que está a desenvolver a concellería de Turismo. O obradoiro resultou todo un éxito pois non tódolos días se pode asistir a unha demostración culinaria deste tipo, cun dos doce mellores cociñeiros novos de España segundo o Club Millesime, Xosé Cannas, que se encargou de preparar diversos pratos modernos nos que o mexillón foi o principal protagonista.
Cata de viños
A sesión acompañouse cunha cata de viños dirixida polo seu irmán Xoán Cannas, premio Nariz de Ouro no ano 2004 ó mellor sumiller de España. A actividade organizada polo departamento de Turismo boirés terá continuidade o vindeiro 25 de outubro no centro social de Abanqueiro con outro obradoiro. Neste caso de cociña italiana caseira italiana con mexillón a cargo da afamada cociñeira italiana Anna Mayer.
Redacción Barbanza