Ansoar: “A reforma da lei electoral é un golpe de estado á democracia”

    BOIRO> O goberno boirense, encabezado por Xoán Xosé Dieste, levou a pleno o pasado xoves a reforma da lei electoral do PP.

    Os nacionalistas boirenses levaron a cabo este mañá unha dura crítica sobre a reforma electoral que o goberno local presentou no pleno o pasado xoves. Pregúntanse porqué o PP leva esta lei ós plenos se nunca se levou ningunha desta envergadura. Consideran que o lugar donde debe debaterse é no Congreso dos Deputados. Cualifican esta lei de golpe de estado á democracia. Esta lei pretende a elección directa, cada catro anos, do alcalde. Segundo comentaba Deira esta mañá, o cidadán vota a un representante pero durante os catro anos non vai ter forma de participar na vida política. Creen que saca representatividade ós veciños e favorece os chanchullos e a corrupción. Non creen que con esta reforma da lei electoral cambie a política, senón que o que hai que facer é confiar no pobo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/boiroreformaleielectoral1609141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/boiroreformaleielectoral160914.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí