RIBEIRA> As chamas deixaron o interior da vivenda practicamente calcinado. A propietaria do inmoble asegura que foi intencionado.
A chamada do 112 mobilizou ós bombeiros de Ribeira e Boiro, entorno ás 11.30 da mañá, cara á rúa Álvaro Cunqueiro. O incendio que alí se atoparon estaba amplamente propagado e afectaba ós dous pisos da vivenda. Nela atopábase a propietaria da casa, unha señora de avanzada idade con problemas de mobilidade, que a pesar do nerviosismo conseguiu saír ilesa á rúa. Esta ten por seguro que o incendio foi provocado, pola visita que recibiu minutos antes do suceso. Despois de ulir o fume, a propietaria baixou as esqueiras e dirixiuse cara ó salón. Asegura que as chamas prenderon no sofá e non tiña ningún aparato electrónico prendido, nin nada ó lume na cociña. Ademais a porta da entrada non estaba como cando ela despediu ó mendigo. Haberá que esperar ó fin da investigación para coñecer as causas oficiais do suceso.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/incendioprovocadoribeira1609141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/incendioprovocadoribeira160914.mp4{/flowplayer}