Rosario, Maldita Nerea e Milladoiro principais atractivos das Festas de Ribeira

RIBEIRA> O vindeiro 31 de xullo arrancarán as festas do verán en Ribeira cun cartel de luxo para satisfacer a tódolos públicos. Destacan os concertos musicais de Maldita Nerea, Rosario Flores e Milladoiro. Tódalas actuacións terán lugar na praza de España.

Esta mañá presentábase no Concello a programación dasfestas do verán. Os festexos prolongaranse do 31 de xullo ó 4 de agosto. a música volverá a ser un dos pratos fortes do cartel este ano, cos concertos de Rosario Flores, Maldita Nerea e Milladoiro.

O pregoeiro este ano será Luis Iglesia, actor recoñecido de series como Matalobos ou Libro de Familia. Será o mércores 31 ás dez da noite dende o balcón do Concello.

Dende a comisión organizadora agradeceuse, tanto ó Concello coma o resto de casas comerciais  e asociacións que colaboran coas festas.

Dende o Concello agardan que este ano as festas teñan a boa acollida doutros anos, e que consigan igualar o éxito de asistencia e organización de edicións anteriores.