O Centro de Día de Cuntis abrirá en outubro tras case unha década de atrasos

CUNTIS> O Centro de Día de Cuntis abrirá as súas portas, por fin, ó longo do vindeiro mes de outubro. O complexo leva nove anos construído, pero a falta de luz e saneamento impedían a súa apertura. Case unha década despois, o Centro comezará a recibi-los primeiros usuarios en cuestión de días.

O Centro de Día de Cuntis leva anos rematado, pero fóra de servizo. Agora, despois de nove anos, as deficiencias básicas que impedían dota-lo de actividade foron resoltas. Abrirá as súas portas no vindeiro mes de outubro.

O complexo de Cuntis entrará na Rede de Centros da Xunta de Galicia, que xestiona o Consorcio de Benestar. Isto implica que tódalas súas prazas serán de carácter público. En total, poderán beneficiarse 40 persoas. Polo de agora, a partir do mes que vén, cubriranse só a metade.

A Xunta entende que a colaboración entre o executivo galego e os concellos é clave para que o modelo de atención ós maiores funciona. Dende o Concello de Cuntis, pola súa banda, agradecen a implicación da Xunta en facer realidade este proxecto.

O Centro de Día cuntiense sitúase na parroquia de Arcos de Furcos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí