O executivo muradán pretende regular o estacionamento de autobuses na zona portuaria

    MUROS> Segundo explicou a alcaldesa, Caridad González, este non é o lugar máis idóneo para a súa ubicación. Esta imaxe dos autocares estacionados na explanada portuaria de Muros podería deixar de verse. Iso é ó menos a intención do concello, que xa lle trasladou a Portos de Galicia, unha solicitude para que inste á empresa propietaria dos autobuses de liña a que deixe de aparcar neste espazo despois de realizar un servizo. Segundo informou a propia rexedora, Caridad González, este non é o lugar máis idóneo para deixar estes vehículos durante tantas horas, polo que debería buscarse outra ubicación, que mesmo poderías er o propio polígono industrial. A alcaldesa tampouco ve con bos ollos que a zona sexa empregada tamén como espazo de aparcamentos de autocaravanas, polo que lle solicitarán a Portos, como propietario do terreo, que tome as medidas que haxa que tomar para evitar este tipo de feitos que danan a imaxe turística da vila.