O PP gaña en tódolos concellos do Barbanza e o BNG consolídase como segunda forza

BARBANZA> No Barbanza, o Partido Popular gañou en tódolos concellos aínda que perdeu apoio en relación ás anteriores autonómica. Pola contra, o BNG medra ata converterse na segunda forza en tódolos municipios da comarca.

Aínda que se manteñen como primeira opción en tódolos concello do Barbanza, os populares rexistran unha importante perda de votos, especialmente en Ribeira e Muros. Pola contra, en Noia apenas perden unha ducia de apoios con respecto ás pasadas autonómicas.Pola súa banda, o BNG que case logra duplicar os apoios conseguidos en 2016, converténdose na segunda forza política en tódolos concellos da bisbarra.

A candidata nacionalista, Rosa Pérez, que ocupará un escano no Hórreo quixo agradecer o apoio do electorado que supón un incentivo máis para traballar por Galicia con ilusión renovada.

No que respecta ó PSOE, aínda que perde máis de mil votos, mantense como terceira forza no Barbanza aproveitando a caída de Galicia en Común que se sitúa en cuarta posición non moi distante de VOX que colleitou os mellores resultados de toda a comarca en Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí