‘Meu Pontevedra’ recupera os orixinais do Álbum Nós de Castelao

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra anunciou esta mañá a recuperación dos orixinais do álbum Nós, de Castelao. As obras localizáronse na colección dun particular, e formarán parte da mostra “Meu Pontevedra”, coa que se conmemora o centenario da chegada do autor á capital pontevedresa.

 

1924 foi o último ano no que se expuxeron as estampas do Álbum Nós de Castelao e, dende a década dos anos 30, o seu paradoiro era descoñecido. Ata marzo deste ano.

Os debuxos orixinais pasarán a formar parte da exposición “Meu Pontevedra”, coa que se conmemora o centenario da chegada de Castelao á capital. Na mostra resérvaselles unha sala exclusiva, para realzar a importancia do achado.

A exposición inaugúrase mañá, cando se conmemora o plebiscito do estatuto de autonomía de 1936, e supón o final da anterior, “Castelao Artista”, que remataba cos bocexos das estampas deste álbum. A mostra abarca entre os anos 1916 e 1936, e amosará a relación do autor coa cidade, ademais de atender a faceta literaria e de caricaturisat do autor. Tamén achegará documentos gráficos que amosen a súa evolución ideolóxica e política.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/27/ptac_expo_castelao.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/27/ptac_expo_castelao.mp4{/flowplayer}