Restauran unha muralla dos Castros de Baroña

    6

    BAROÑA> Unha das murallas dos Castros de Baroña destrozada polo temporal comezarase a restaurar a partir do vindeiro luns. O concello de Porto do Son non conseguiu os fondos necesarios a través das Administracións ás que decidiu recorrer na procura de axuda, e deberá asumir esta actuación de urxencia con fondos propios, ó redor duns 18 mil euros. Está previsto que as obras teñan un prazo de execución dun mes e todo dependerá das condicións climatolóxicas existentes. Miguel Ángel López estará ó fronte desta restauración xunto co arqueólogo Ángel Concheiro. Ademais o executivo sonense contará ca axuda da empresa Terra Arqueos que leva máis de dous anos traballando neste asentamento castrexo.

    COMPARTIR