Unha nova senda litoral unirá Cabío co paseo do Xobre

    proxectopaseocabio-xobre2_51108.jpgPOBRA > A actuación, de preto de dous quilómetros de lonxitude, será sufragado pola Dirección Xeral de Costas.

    O técnico da Dirección Xeral de Costas responsable do proxecto, Ricardo Babío, desprazouse esta mañá ata o concello da Pobra para, xunto co equipo redactor, dar a coñecer os pormenoress desta actuación.

    A nova senda que se construirá dende o paseo da Pedra da Moura en Cabío para a súa conexión co paseo do Xobre, terá unha lonxidude aproximanda de 1’8 quilómetros. A actuación consistirá en recupera-la servidume de tránsito e de acceso ó mar de xeito que tódalas calas situadas ó longo do paseo conten con accesos en condicións.

    Zonas de lecer e aparcamento

    proxectopaseocabio-xobre1_51108.jpgO proxecto contempla ademais unha superficie de ous mil metros cadrados para zonas de lecer e miradoiros e unha reserva de tres mil metros cadrados para prazas de aparcamento. O orzamento previsto para esta actuación sobrepasa os novecentosmil euros.

    Na actualidade o proxecto está case rematado polo que se agarda que as obras poidan estar licitadas a principios de 2009. Aínda así, a obras acumulou certo retraso por mor das correccións impostas por Patrimonio pola presenza de restos arqueolóxicos nas inmediacións do litoral.

    Unha vez rematado este novo paseo, a Pobra contará con preto de cinco quilómetros de senda litoral. O obxectivo do executivo é completar a recuperación integral de toda a costa do municipio coa rexeneración das marismas das Xunqueiras e o paseo da Ribeiriña, dúas actuacións xa en proxecto.

    Redacción Barbanza