O espectáculo de fogos artificiais pon o broche de ouro as festas do Nazareno

    POBRA> Tras catro días de celebracións, onde se mesturaron fervor relixioso e lecer, onte poñíase o broche final ás festas do Nazareno, sen dúbida os de maior sona da localidade. E que mellor maneira de facelo que coa tradicional tirada de fogos artificiais e acuáticos que se desenvolveu ás doce da noite no interior da dársena portuaria. Centos de veciños e visitantes disfrutaron por todo o alto deste espectáculo, ofrecendo unha bela estampa de luz e cor no ceo, para de seguido continuar coa verbena a cargo da orquestra Olympus.