RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira, en colaboración co Concello e a Xunta, volve a premiar a fidelidade dos seus clientes cunha atractiva campaña comercial de Nadal que se desenvolverá dende hoxe ata o vindeiro 6 de xaneiro.
Na campaña participarán un cento de establecementos da localidade, sumando comercio e hostalería.
Sortearanse uns cinco mil euros, distribuídos nun total de 51 premios en vales de compra dende os 10 ós 300 euros.
Como xa pasara en campañas anteriores a patronal ribeirense porá a disposición tamén dos seus clientes un total de cinco mil tickets de aparcamento nos parquings do Centenario e do Rueiro co fin de incentivar as compras no municipio.
Dende o Concello, que colabora coa campaña, animouse a veciñanza a mercar en Ribeira este Nadal.
A dinámica da campaña será semellante á de anos anteriores e os establecementos participantes entregaranlle ós seus clientes unha rifa por cada dez euros de gasto para participar posteriormente no sorteo de premios que se realizará na sede da entidade ante notario o día 8 de xaneiro.











