O Camping Rural Ría de Arosa 2 vai recuperando a normalidade tras o incendo

BARBANZA> Esta mañá persoal das instalacións afanábase na retirada dos cascallos das tendas e caravanas que foron pasto das lapas, ó redor dunhas nove.

O incendio afectou unicamente a sete parcelas, apenas setecentos metros cadrados, dos máis de cen mil cos que conta este camping, un dos máis grandes de Galicia.

No recordo outros episodios similares de anos anteriores, como é o caso da vaga de lumes vivida en 2006 e en 2016.

Dende a dirección do camping móstranse tamén preocupados pola imaxe que se está a dar nalgúns medios de comunicación. Unha circunstancia que está a provocar algunha que outra cancelación das reservas.

Foi unha pequena anédota. Unha desgraza que, por fortuna, non foi a máis… A vida segue e a actividade no camping tamén…estamos a principios do mes de agosto polo que aínda queda moito verán por disfrutar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí