Rianxo en Común pide que se retome a construción do centro de día

    RIANXO> A formación nacionalista propón como alternativa que o servizo sexa emprazado nos baixos das vivendas sociais da Martela. Van alá máis de tres meses dende que se aprobara en pleno a proposta presentada por Rianxo en Común para a construcción dun centro de día para maiores na localidade. Tempo máis que suficiente para a formación para que se tiveran dado pasos para a consecución deste importante logro para a veciñanza do municipio. Por esta razón volven reclamarlle ó equipo de goberno maior celeridade e responsabilidade ante un tema de suma importancia para os intereses dos rianxeiros que dende hai tempo levan esixindo este servizo. Dende en Rianxo en Común chegan mesmo a facer unha proposta para a instalación desta infraestrutura como son os baixos das vivendas sociais existentes na Martela, de titularidade municipal.