Alarma social en Ribeira pola posta en liberdade dun perigoso delincuente

    RIBEIRA> A decisión do xulgado preocupa á xente da pé e tamén os propietarios dos negocios, xa que se trata dunha persoa perigosa e reincidente, ó non ser a primeira vez que realiza este tipo de feitos. Alarma social e fonda preocupación en Ribeira, principalmente no sector comercial e hostaleiro, pola posta en liberdade do autor confeso do atraco a punta de pistola do restaurante Jenaro cometido a pasada semana. A decisión dos xulgados enche de incredulidade a todos, tamén ás propias forzas da orde, ó non entender que máis hai que facer para entrar en prisión. Dase a circunstancia de que se trata dunha persoa perigosa, reincidente, e con numerosos antecedentes anteriores por causas similares, que podería volver a delinquir.