ASIME cumpre 35 anos

     MONDARIZ> A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia ven de cumprir trinta e cinco anos; unha efeméride que celebrou cun acto…

    {flowplayer}images/salnes/aniversario_asime.flv{/flowplayer}

    … solemne o recente 5 de abril cun acto solemne no Hotel Balneario de Mondariz baixo a presidencia do máximo mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo.

    Neste acto, a patronal deste sector, que supón o 22 % do PIB galego destacaron o feito nos últimos anos especialmente agora que toda a economía galega está a vivir a súa peor etapa.

    O convidado de honra, o Presidente da Xunta de Galicia, remarcou o paralelismo existente entre a industria metalúrxica galega e a folla de ruta que quere seguir o goberno autonómico, baseándose no I+D+i e apostando pola formación, a competitividade e a internalización.

    Para destacar a labor dos persoeiros máis sobranceiros nos últimos anos, ASIME agasallou a tres homes formes da metalurxia con cadansúa escultura de Ramón Conde; en recoñecemento a súa importante labor no sector: Mario Dacosta, Javier Martínez e José María Hidalgo.

    Redacción Salnés