O PSOE cualifica de “chapuza” o funcionamento da escola de música

    psoepobraescolamusica_150709.jpgPOBRA> Creen que non debería levar a denominación de municipal ao non estar subvencionada polo concello.

    A agrupación local do PSOE da Pobra interesouse polo funcionamento da escola municipal de música que abriu as súas portas no municipio hai pouco máis de dous meses. Os edis socialistas ven posibles irregularidades na xestión deste servizo. Creen que a escola non debería levar o atributo de municipal dado que o concello non a subvenciona. Por tal motivo veñen de solicitar ao goberno local os estatutos da asociación que xestiona este servizo para coñecer que particulares ou entidades privadas están a obter beneficios ecónomicos con cargo ao erario público, "ca desculpa de fomentar a cultura".

    {flowplayer}barbanza/psoepobraescolamusica.flv{/flowplayer}

    Consideran que os prezos son comparables aos de calquera negocio privado e máis caros que os cursos regrados e oficiais que se imparten en concellos lindeiros, como Boiro ou Ribeira. Ademáis din que a casa da cultura Raquel Fernández Soler non ten ningunha dependencia acondicionada axeitamente para impartir clases de música. Tamén critican o feito de que as ensinanzas musicais recibidas non teñan carácter oficial, tan só sexan clases meramente lúdicas. Por tal motivo piden unha escola de música municipal ben planificada e homologada, instando ao alcalde a que deixe de facer "chapuzas" con tal de "facerlle favores a colegas ou amigos íntimos". 

    Apoio os grupos locais

    Por último piden ao goberno municipal que inicie os traballos de acondicionamento dos locais de ensaio, anunciados polo alcalde. Esperan que os grupos locais poidan contar con estas dependencias antes de final de ano.

    Redacción Barbanza