Vinte e tres empresas optan a acometer a recuperación do río Arlés

    RIBEIRA> Un total de 23 empresas presentaron ofertas para acometer o proxecto de recuperación integral do río Arlés e o seu contorno. Trátase da última das actuacións incluídas no Plan Riveira Atlántica. Concluído o prazo, o procedemento de contratación é aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e o orzamento base de licitación desta actuación ascende a un total de 848.475 euros. A obra ten un prazo de execución de tres meses. O proxecto ambiental que se pretende realizar contempla a creación dunha senda dende a confluencia do río coa estrada DP 71304 e que ao longo de case cinco quilómetros descorrerá paralela ao cauce do río Arlés e estará realizada en materiais respectuosos co entorno. Outras accións previstas son a limpeza e desbroce na parte máis alta do río, na que se insinuará un percorrido delimitándoo coa colocación de fitos, así como o acondicionamento dos camiños, viais e estruturas existentes no transcurso da senda. Tamén será creada unha área recreativa con zona de descanso e esparcimento no curso baixo do río e activarase un plan de sinalización, orientación e divulgación do patrimonio natural, etnográfico, cultural e paisaxístico, instalando paneis de situación e acceso, e situando mesas interpretativas ao longo da senda.