Lousame incide na mellora da calidade de vida dos seus maiores

    LOUSAME> A Concellería de Servizos Sociais de Lousame volve convocar os obradoiros de memoria para a terceira idade. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños maiores do municipio a través de actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades. A iniciativa enmárcase no Programa de Dinamización de Persoas Maiores, subvencionado pola Deputación da Coruña. Os talleres, abertos ós maiores de 60 anos, desenvolveranse de xeito semanal entre outubro e xuño nos distintos locais sociais das parroquias. A inscrición é totalmente de balde e está aberta durante todo o curso, polo que só é preciso poñerse en contacto cos Servizos Sociais de Lousame ou chamar ao 981 820 494.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí