A reforma da fachada marítima de Noia concluirá antes do verán

NOIA> Xa están en marcha as obras de remodelación da fachada marítima de Noia. Portos de Galicia iniciou a construción dunha estrutura voada no peirao do Marqués. Está pendente de execución a parte da obra dependente de Costas que conectará esta pasarela coa ponte do Campo de Noia.

O alcalde de Noia informou do inicio das obras na fachada marítima que suporán unha fonda transformación da fronte costeira da vila. Os traballos no treito que depende de Portos de Galicia xa están en marcha. Suporán un investimento de trescentos mil euros e está previsto que rematen ó longo do primeiro trimestre deste ano.

Aínda pendentes de executar pero xa adxudicadas están as obras que acometerá Costas do estado, consistentes nunha pasarela que conectará coa ponte do Campo de Noia. O custo global de ámbalas dúas actuacións ascenderá ó millón de euros e poderá entrar en servizo para o verán.

Paralelamente o concello licitou xa a cuarta e última fase do proxecto das Portas do Mar consistente na instalación de lousas de pedra ó longo de toda a fachada marítima.