A Axencia Urbanística inicia a demolición dunha estrutura ilegal en Padrón

PADRÓN> A Xunta de Galicia inicia os traballos de demolición dunha estrutura dun edificio de 74 vivendas no lugar de Pedreira, en Padrón. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) adxudicou por 185.000 euros as labores de derribo é empresa Construcións Iglesias Mera, S.L. Dado que esta estrutura se atopa próxima a outras vivendas, tamén se iniciará un protocolo de gretas, que implicará a revisión das vivendas para determinar o seu estado actual e que definirá que traballos se poden executar manualmente e a partir de que momento de poderán empregar as máquinas. Nun prazo apróximado de 15 días, comezarán as tarefas de derribo da estrutura. Esta edificación, carece de licenza municipal, non se adapta ao contorno existente e non conta ca autorización autonómica esixible, xa que a edificación se sitúa no contorno de protección do Convento dos Dominicos, incluído no Catálogo Complementario de Bens con valor histórico artístico ou cultural. O pasado 15 de xaneiro de 2004 o responsable de Urbanismo ditou resolución declarando ilegalizables as obras de construción deste edificio e ordenando a súa demolición a custa do interesado, co apercibimento da súa execución forzosa en caso de incumprimento da citada orde de demolición. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou Resolución dispoñendo a execución forzosa da mesma mediante a execución subsidiaria a costa do obrigado.