Admitida a trámite a demanda da CMHB contra o concello de Ribeira

    RIBEIRA> A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza considera que o concello ribeirense vulnera a lei de memoria histórica, aprobada en 2007. Dende a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza están á espera de que o Xulgado poña a data para a celebración do xuízo oral e poder escoitar as razóns que dá o concello para o incumprimento da legalidade. Aproveitando a comparecencia ante os medios, deuse a coñecer tamén a nova composición da xunta directiva da entidade, despois da asemblea xeral de socios celebrada o pasado 19 de setembro. Apenas hai variacións, destacando a creación da figura do vicepresidente, que será asumida por Andrés Lijó. O cargo de presidente continuará en mans de Adrián Romay, coma secretario actuará Xoán Pastor Rodríguez e o posto de tesoureiro será para Xan Ermida. Este último informou ademais de varias novidades nas que está a traballar a asociación como son a edición dun documental e a publicación dunha serie de cadernos da comisión con testemuños dde primeira man sobre a represión franquista na comarca.