Nova protesta no hospital do Barbanza para denunciar a ausencia dun radiólogo de garda

RIBEIRA> Traballadores do hospital do Barbanza concentráronse esta mañá ás portas do centro para denunciar a falla de persoal. Por terceira vez, non disporán dun radiólogo de garda nas quendas de tarde e de noite, cos consecuentes prexuízos para os pacientes e os traballadores.

A CIG Saúde e o Sindicato de Técnicos de Enfermería SAE volveron convocar unha protesta para denunciar unha situación que se repite xa por terceira vez. Dende as tres da tarde ata as oito da mañá, o hospital do Barbanza non contará cun radiólogo de garda.

Ademais dos prexuízos dos pacientes, os sindicatos alertas dos problemas que ocasiona ós propios traballadores de garda que deberán prestar asistencia sanitaria con moita menos información sobre o alcance das patoloxías que pode presentar o paciente.

Reclaman que se dote ó centro do persoal suficiente para poder prestar unha asistencia de calidade cun servizo de radioloxía operativo as 24 horas durante os 365 días do ano.