A Federación de Confrarías da Coruña defenderá os intereses do xeito

    BARBANZA> O novo presidente da entidade, o patrón maior de Muros, Daniel Formoso, considera desproporcionada a medida. O recén elixido presidente da Federación Provincial de Confrarías da Coruña, o patrón maior de Muros, Daniel Formoso, anunciou que dende a entidade velarase pola defensa dos intereses da flota do xeito afectada polo plan de xestión de capturas para a sardiña imposto dende Madrid. Daniel Formoso aposta, como tamén o fai o xeito, porque se estableza unha diferenciación deste tipo de flota artesanal coa do cerco, e se lles permita seguir traballando.