O BNG da Barbanza realizará un roteiro cultural polas rúas de Rianxo

    actosbngpatria_21072009.jpgBARBANZA> O acto enmárcase dentro das celebracións que o BNG levará a cabo para conmemorar o Día de Galicia.

    A agrupación comarcal do BNG da Barbanza presentou os actos de conmemoración do Día da Patria Galega, que se celebra o vindeiro 25 de xullo. O acto central desenvolverase en Santiago de Compostela cunha manifestación que este ano se convoca baixo o lema “Movámonos polo noso idioma e polo Emprego”.

    O nacionalistas galegos creen que este ano o idioma e o emprego deben ser os eixes en torno ao que debe xirar a manifestación. Consideran que ámbolos dous están a sufrir un ataque frontal por parte do actual goberno da Xunta de Galicia, que, aseguran, ten como prioridade principal “liquidar a lingua galega” e comprometer o futuro dos sectores produtivos galegos ao que está a desatender pese a grave situación económica que padecen.

    {flowplayer}barbanza/actosbngpatria.flv{/flowplayer}

    Festigal 2009

    Dende o Bng comarcal porase a disposición dos veciños da Barbanza un autobús para acudir a manifestación que sairá da estación de Ribeira as dez da mañá realizando paradas nos concellos de A Pobra, Boiro e Rianxo. Santiago tamén acollerá os días 24 e 25 o Festigal 2009 organizado por Galiza Nova e no que ademáis de música haberá espazos de animación, galerias culturais e feiras tradicionais.

    Paralelamente a estas celebracións, o Bng da Barbanza organizará o vindeiro día 23 un roteiro cultural pola vila de Rianxo. O roteiro partirá as oito e media do serán dende o peirao de Setefogas e rematará no Campo de Arriba onde terá lugar un acto político a cargo do voceiro parlamentario do Bng Carlos Aymerich e un fin de festa con mexilloada e música tradicional galega.

    Redacción Barbanza