Chega a comitiva de Aguascalientes ó Salnés

    SANTIAGO> Unha delegación da Mancomunidade do Salnés recibiu hoxe en Santiago á comitiva do municipio mexicano de Aguascalientes. Trala recepción oficial en Raxoy, arestora os mexicanos están a coñecer destacados puntos desta comarca co fin de coñecer o terreo para futuros intercambios comerciais e turísticos.

    A comitiva de Aguascalientes xa está no Salnés. Esta mañá o seu rexedor Juan Martín del Campo, xunto con parte do cabildo, empresarios, varios rectores de universidades e xornalistas chegaban á Santiago de Compostela, onde foron recibidos polo Alcalde Agustín Hernández. Juan Martín del Campo convidou ós investidores e empresarios de Galicia a achegarse a Aguascalientes para facer negocios. E este é precisamente o cometido que os trae á comarca do Salnés onde están arestora, convidados pola Mancomunidade de Municipios do Salnés. Coñecer sobre o terreo as potencialidades desta comarca en tódolos eidos, co fin de establecer lazos comerciais. Amais desta oportunidade histórica cos mexicanos, a Mancomunidade do Salnés está a tentar tamén ós rusos; un mercado emerxente e con importantes posibilidades económicas que poderían traer ata a Arousa turismo de alto standing. De feito, estes días contactaron ca empresa Luks Marbella, para chegar ó público ruso que xa está establecido neste país. O plan é achegarlles primeiramente as excelencias do Salnés ós rusos que xa están afincados en España, para que así, á súa vez, mediante o boca a boca, chegar ós seus compatriotas da diáspora.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/aguascalientes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/xira_mexicanos_salnes.mp4{/flowplayer}