![]()
VILAGARCÍA> Optimizar os recursos e coordinar as actuacións de servizos sociais. É o obxectivo do Protocolo do Terceiro Sector.
{flowplayer}images/salnes/terceiro_sector.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Optimizar os recursos e coordinar as actuacións de servizos sociais. É o obxectivo do Protocolo de Colaboración e Coordinación do Terceiro Sector, dotado con 41.500 euros. O Concello vén de asinar o convenio coas catro entidades sociais que operan na cidade, Cruz Vermella, Cáritas, Amigos de Galicia e Club de Leones.
O Concello de Vilagarcía recoñece que hai necesidades sociais urxentes ás que non pode dar resposta coa celeridade que precisan, como a achega de alimentos, o pago de facturas de luz ou gas, ou traslados a un hospital. Por iso as remite a Cáritas, Cruz Vermella, Fundación Amigos de Galicia e Club de Leones. En 2010 fixéronse unhas cen derivacións.
O convenio está dotado con 41.500 euros, nos que se inclúe a habitual subvención ó comedor social de Cáritas. Independentemente dos casos que reciba cada entidade, con este protocolo, os Servizos Sociais do Concello centralizará as demandas, e logo dunha diagnose, e se hai necesidade urxente se derivará. No protocolo tamén se estableceu un reparto das atencións que atenderá cada entidade. Cada mes farase unha comisión de seguimento destas derivacións. Ademais, as entidades emitirán informes desas atencións.
Redacción Salnés









