Mar valora cambiar o sistema de producción por mor das toxinas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/mar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/29/relojtio_toxina.mp4{/flowplayer}

O SALNÉS> A toxina nas Rías Baixas segue a traer de cabeza a toda a cadea mar-industria e a Consellería xa está pensando en medidas de calado como a de cambiar os sistemas productivos. A Conselleira do Mar amosábase hoxe preocupada pola proliferación destes episodios de mareas vermellas, sobre os que xa se están a realizar numerosos estudios. A ninguén se lle escapa que o reiterado dos episodios de marea vermella nestes últimos meses está a ser inusual e altamente preocupante para a economía da xente do mar. O Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra é outro patrón máis que denuncia o importante dano que lles está a causar na economía da xente do mar. Hai varios factores que inciden na proliferación das toxinas e que están a ser a estudiados por varios organismos, entre eles,como non, a Consellería do Medio Rural e do Mar. Este departamento autonómico apoiase nos centros de análise e estudio de seu para control da incidencia destes episodios para minimizar así a súa repercusión no sector mar-industria. Rosa Quintana recalcou un día máis o alto nivel de operatividade que ten o INCTEMAR, do que salienta que segue a ser o centro de referencia no seu sector a nivel mundial. Aquí redóbranse as investigacións, namentres Mar apunta a necesidade de introducir cambios necesarios na forma de producir en Galicia. Preguntamos tamén á Conselleira do Mar sobre a petición dos patróns maiores da Arousa de poder explotar o relojito; un tipo de ameixa que está prohibido extraer deste o ano 2006 polo alto contido que presentaba en chumbo. Estes días as Confrarías da Arousa pedían a este departamento que realizase os estudios pertinentes para proceder a súa apertura no caso de que, o igual que os informes cos que eles contan, os límites de chumbo fosen agora mínimos. E é que este relojito non só viría a ser unha fonte de ingresos complementaria para o sector nesta campaña na que se rexistra unha altísima mortaldade de berberecho e tamén bastante de ameixa; senón que limparía as zonas de producción desta especie invasora. Noutra orde de cousas, este Patrón Maior de Portonovo e tamén Presidente da Federación Provincial de Confrarías ratificou que xa hai candidato pola provincia de Pontevedra a liderar a Federación Galega de Confrarías. Malia que eran moitas as voces que lle reclamaban que fose él mesmo, punto que José Antonio Gómez rexeitou desde o primeiro momento; agora apostarán por Juan Manuel Gregorio, Patrón Maior da Confraría de Aldán.