Os bombeiros de Boiro rescatan a dúas persoas atrapadas no interior dun ascensor

BOIRO> A intervención tiña lugar esta pasada noite nun edificio situado na rúa Breiro e nel víronse afectadas dúas persoas, unha nai e o seu fillo, este último menor de idade, que quedaron atrapadas no interior dun ascensor.

O suceso producíase ó redor das dez e media da pasada noite neste edificio, o número 19 da rúa Breiro. Unha nai e o seu fillo, menor de idade, quedaron atrapados no interior do ascensor sen poder saír durante máis dunha hora. Un aviso alertou ós bombeiros do Parque Comarcal que rapidamente se trasladaron ó lugar e conseguiron liberalos. A muller, que ademais estaba embarazada, tivo que ser trasladada ó hospital cunha gran crise nerviosa e con dores na zona do abdome.

Ao final todo se quedou nun gran susto e a muller recupérase xa no seu domicilio.