A primitiva deixa en Carril un premio de máis de 300 mil euros

CARRIL> O sorteo da primitiva deixa máis de 300 mil euros na administración número 3 de Carril, en Vilagarcía. O premiado acertou os 6 números do sorteo, de haber adiviñado tamén o reintegro, o seu premio aumentaría en 500 mil euros máis. Dende a administración mostran a súa ledicia pero descoñecen quen pode ser o agraciado.

Os sorteos da loteria de nadal e do neno foron bastante esquivos coa comarca do Salnés. Pero o ano comeza cun premio na primitiva que se caeu na administración número 3 de lotarias de Carril, en Volagarcía. O premio levarase máis de 300 mil euros.

Dende o local descoñecen quen é o agraciado e canto xogou, pero agardan que sexa un veciño da zona.

Ao longo de esta mañá foron moitos os que sea achegaron a probar fortuna e revisar se son os agraciados. Dende o establecemento mostran a súa ledicia.

Quizais entre os que se achegaron se atopaba o gañador do premio.

Tamén desexan, que este premio invite a máis xente a probar fortuna e a confiar neles para selar os seus boletos.

Para os que queira probar fortuna para ver se a racha continúa poden achegarse a administración número 3, o establecemento atópase na rúa La Marina de Carril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí