VILAGARCÍA> O goberno declarará o estado de alarma en todo o país. O consello de ministros reunirase mañá para establecer as medidas a adoptar fronte o avance do coronavirus. No día de onte, a FEGAMP reuniuse coa consellería para coñecer as directrices a desenvolver nos concellos. Os diferentes gobernos municipais trasladaron hoxe aos cidadáns as súas decisións.
Responsabilidade e unión. O presidente do goberno dirixiuse a todo o país para anunciar que o consello de ministros declarará o estado de emerxencia. Os diferentes concellos están pendentes das decisión do estado e da xunta para aplicar nas súas vilas. No día de onte A Fegamp reuniuse coa consellería de sanidade para coñecer as directrices a desenvolver nos seus concellos. No caso de Vilagarcía extremarán as precaucións durante as dúas vindeiras semanas: manterán os servizos de emerxencias, suspenderán as actividades lectivas e pecharán os parques infantís.
Outras medidas adoptar serán as do peche das instalacións municipais, a cancelación de eventos deportivos e se suspende a asistencia a domicilio salvo nos casos necesarios.
Suspenderase o mercado da vila pero manterase o funcionamento da praza de abastos.
Os servizos da casa consistorial xestionaranse de forma online ou telefónica. Ademais, Alberto Varela recordou as recomendacións xerais.
Ademais tamén ser recomenda o coidado domiciliario das persoas maiores e das que padezan de enfermidades crónicas ou pluripatolóxicas. Para as persoas que teñan síntomas a consellería habilitou o número 900 400 116.