PORTO DO SON> Xa hai acordo. Das dúas opcións posibles para emprazar o futuro centro de saúde, o edificio de Outeiro e a parcela existente a carón do Concello e a casa de cultura, o Sergas decidiuse finalmente por esta última, atendendo a unha mellor funcionalidade.
Segundo explicou o alcalde o novo edificio encaixarase no terreo aproveitando o desnivel existente. A actuación permitirá tamén recuperar a vella alameda.
Pero o Concello seguirá adiante coa compra do edificio inacabado de Outeiro para destinalo a un uso social, coa construción dunha residencia de maiores,para a que conta xa co beneplácito de Política Social.