Os GALP mobilizaron preto de 12 millóns de euros no 2020

BARBANZA> Os Grupos de Acción Local Pesqueira e a Conselleira do Mar seguen a traballar nas estratexias de desenvolvemento para os anos 2021 e 2022. Rosa Quintana mantivo unha videoconferencia cos representantes das entidades que neste exercicio mobilizaron máis de sete millóns de euros.

No marco da convocatoria de 2020, a Consellería do Mar aprobou axudas a 128 proxectos dos grupos de acción local pesqueira que supoñen un investimento de 7’3 millóns de euros. A Conselleira do Mar e os representantes das oito entidades mantiveron un encontro por videoconferencia para facer balance deste programa, cofinanciado polo Fondo Europeo e Marítimo da Pesca, que catalizaron un total de 12 millóns de euros ó mobilizar cinco de investimento privado.

Dos proxectos aprobados, 65 son produtivos, enfocados á creación ou mantemento dos postos de traballo. Os 60 restantes, non produtivos, supoñen o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica. Entre tódalas iniciativas, preténdese crear ó redor de 70 postos de traballo a tempo completo.

Ás iniciativas aprobadas nesta convocatoria súmanse os preto de 390 proxectos desenvolvidos entre 2016 e 2019, que mobilizaron preto de sesenta millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí