O Noia medirase ó Santiago Futsal nos dezaseisavos da Copa do Rei

NOIA> A eliminatoria, que se disputará a partido único no pavillón municipa, podería celebrarse o próximo 14 ou 15 de outubro. O Noia enfrontarase nos dezaseisavos de final da Copa do Rei ó Santiago Futsal, equipo que milita na máxima categoría do fútbol sala a nivel nacional. a priori os composteláns parten coma claros favoritos para pasar a eliminatoria, aínda que os locais coa axuda da súa afección tratarán de porlle as cousas difíciles. No sorteo, celebrado na propia sede da Federación Española de Fútbol, tívose en conta a proximidade xeográfica, condición que non se aplicará para as próximas roldas eliminatorias. O encontro, que será un aliciente especial para os noieses, servirá ademais para o regreso de Marci a Noia, agora nas filas do Santiago Futsal, despois de defender cinco tempadas a camiseta noiesa. A eliminatoria disputarase a partido único no Municipal de Noia o 14 ou o 15 de outubro, unha data aínda por concretar. Os de Moncho Vázquez chegan á segunda rolda desta competición tras eliminar ó Parrulo FS da Segunda División por 7 goles a 6 nun espectacular partido que se decidiu na prórroga. Os santiagueses pola súa banda entra en competición directamente nesta rolda por ser equipo de Primeira División.