Pontecesures crea vestiarios para os equipos femininos no seu campo de fútbol

PONTECESURES> Pontecesures pon a punto os vestiarios do Campo de Fútbol Ramón Diéguez. A reforma permitiu a creación dun espazo propio para os equipos femininos. A actuación levouse a cabo cunha achega de 21.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Pontecesures renova os vestiarios do campo de fútbol municipal Ramón Diéguez. As obras  supuxeron a reordenación dos espazos para ampliar a zona dos vestiarios, cun espazo propio para os equipos femininos, ademais da dotación de mobiliario, a mellora das duchas e tamén a creación dunha zona de reunións para as directivas dos equipos.

O alcalde salienta que este tipo de investimentos permiten poñer a punto infraestruturas vitais para o Concello, que empregan moitos dos seus veciños.

A actuación contou cunha achega do Plan concellos da Deputación de Pontevedra de máis de 21.000 euros. Dende o organismo provincial felicitan ó concello polo aproveitamento destes recursos para a mellora das súas instalacións deportivas.

Dende o ano 2015, por certo, a Deputación de Pontevedra investiu en Pontecesures máis de 3 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí