O Pleno de Vilagarcía modifica o PXOM para favorecer a LARSA

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/30/pleno_2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/30/pleno_pxom_larsa_becerra.mp4{/flowplayer}

VILAGARCIA> Neste pleno tamén se aprobou a modificación do PXOM no que refire ós terreos de Larsa e a casa Becerra, situada na rúa Rosalía de Castro. De novo, unicamente cos votos favorables do PP e IVIL. O Goberno Municipal de Vilagarcía ven de aprobar en pleno a modificación puntual do PXOM nos terreos que a Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A, ten en Vilagarcía. Este convenio afectaría ó ámbito de protección da cheminea e a casa, o cruceiro e a capela deste entorno de LARSA. O Alcalde Tomás Fole argumentou que era unha cesión necesaria para que a empresa mantivese os postos de emprego en Vilagarcía. PSOE e BNG abstivéronse e Esquerda Unida votou en contra ó constatar que no convenio non había ningún compromiso de mantemento dos postos de emprego por parte de LARSA, nin tampouco garantía de que non revendan estes terreos para o seu uso comercial. De igual xeito, neste pleno tamén saíu adiante, unicamente cos votos a favor do equipo de goberno, a modificación puntual do PXOM para descatalogar a Casa Becerra, situada na Avenida Rosalía de Castro; co fin de aproveitar o espazo para construír, posiblemente, unha infraestructura hoteleira. Aquí o debate centrouse no interese en si desta vivenda para o conxunto arquitectónico vilagarcián. Neste punto, de novo, o Alcalde e o voceiro de Esquerda Unida protagonizaron unha nova lea; desta volta baixo a acusación do esquerdista de que o rexedor presiona ós traballadores municipais para conseguir informes ó seu antollo. Trala celebración deste pleno, Esquerda Unida emitiu hoxe unha nota de prensa na que cualificaba de show o montado polo Señor Benny Hill Fole nesta sesión e ó que amais, acusan entre outras cousas, de despilfarrar case 13.000 euros en amoblar a súa sala de xuntas no Concello, tras elevar a carga impositiva dos vilagarciáns ata os 402 euros anuais.