O BNG volve a reclamar a mellora do pazo de Goiáns

    BOIRO> A través dunha iniciativa plenaria pretenden acadar o apoio de toda a corporación local para tratar de incluir unha partida presupostaria para este fin nos vindeiros Orzamentos do Estado. Non é a primeira vez que os nacionalistas piden a rehabilitación do pazo de Goiáns. É máis, no ano 2011 xa conseguiron que se incluira unha partida orzamentaria duns 500 mil euros nos presupostos do Estado para tal fin, froito dunha emenda presentada por eles mesmos no Congreso, pero que nunca chegou a materializarse. Agora reclamana novamente. Os nacionalistas tratarán de recabar o apoio dos demais grupos da oposición e tamén o equipo de goberno para trasladarlle ó Goberno Central outras dúas solicitudes, para eles tamén prioritarias, para que sexan incluídas nos orzamentos xerais do Estado. Neste caso a última fase do saneamento do río Coroño e a posta en marcha do viveiro de empresas e o centro de formación. Os nacionalistas consideran que é tempo xa de que o goberno municipal faga algo, sumido nunha total deixadez e falta de xestión, do que se están a ver prexudicados tódolos veciños de Boiro.