A cooperativa Kracia, de Boiro, premiada como Mellor Proxecto Emprendedor do ano

BOIRO> A cooperativa Kracia vén de ser galardoada pola Escola de Organización Industrial como Mellor Proxecto Emprendedor do Ano. O alcalde de Boiro recibía esta mañá ós cinco mozos que puxeron en marcha esta iniciativa especializada en marketing dixital.

O viveiro de empresas de Boiro veu nacer a cooperativa Kracia no marco do proxecto de formación ‘Márketiing Dixital, Emrpegabilidade e Cooperativismo, organizado pola Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial en colaboración coa Deputación da Coruña, Deloa e o concello de Boiro.

O bo facer destes cinco boirense fíxolles merecedores deste galardón que se entregaba este ano por primeira vez. Kracia foi seleccionada entre tódalas iniciativas xurdidas de programas formativos  organizados por EOI en toda España.

Kracia desenvolve o seu labor no ámbito do marketing dixital, en áreas como a consultoría, desenvolvemento web e creación de contidos, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí