Denunciadas dúas persoas en Boiro e outra en Muros por incumprir o estado de alarma

BARBANZA> A pesar do reforzo dos controis e do endurecemento das sancións, temos que seguir a falarlles de novos incumprimentos das medidas decretadas polo estado de alarma.

A Garda Civil denunciou en Boiro a dúas persoas que bebían cervexa no aparcadoiro dun supermercado. Non foi a única incidencia destacada na comarca xa que os axentes identificaron tamén en Muros a un home que lavaba o seu coche na vía pública.

Non se trata de casos excepcionais posto que tan só na xornada do luns rexistráronse cento trinta infraccións na provincia da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí