Martín denuncia oito meses de ‘nula xestión’

    SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo suspende o labor do goberno cuatripartito. Para o seu voceiro, o executivo leva oito meses de boas palabras pero de nula xestión, e critica que non se deran pasos en cuestións claves para o concello como o polígono de Nantes, as actuacións en Portonovo ou o colexio de Vilalonga. Tamén resaltaron que remataron o mes de xaneiro aínda non exista un borrador dos orzamentos para o 2016.

     

    Nin colexio de Vilalonga, nin actuacións en Portonovo, nin parque empresarial de Nantes. Despois de oito meses de goberno cuatripartito en Sanxenxo, o Partido Popular denuncia que aínda non se deran pasos en ningún destes proxectos.

    Par ao voceiro do Partido Popular, o goberno vese superado pola realidade. Tampouco gusta que estando a finais de xaneiro o goberno aínda non presentara un borrador dos orzamentos para o 2016.

    Martín alertou tamén da proximidade da Semana Santa, unha data clave para un concello turístico como Sanxenxo. Os populares denuncian que a día de hoxe hai servizos que non están funcionando como deberían.

    Tralo pleno ordinario do pasado luns, o Partido Popular anunciou a súa intención de pedir a convocatoria dunha sesión extraordinaria para o vindeiro mes, cunha orde do día centrada nos proxectos que, como o colexio de Vilalonga, Portonovo ou o parque de Nantes, consideran prioritarios.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/29/telmo_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/29/telmo_sanxenxo.mp4{/flowplayer}