O PP presentou ós seus candidatos en Barbanza

BARBANZA> Ós populares réstalle por elixir ós candidatos da Pobra do Caramiñal e Carnota, cuxos procesos xa están en marcha. Ante un nutrido grupo de militantes e simpatizantes, o PP celebrou na casa de Cultura de Boiro, o acto de presentación dos candidatos pertencentes ós concellos que integran o Partido Xudicial de Noia ás vindeiras eleccións municipais. Foi precisamente o presidente provincial, Carlos Negreira, o encargado de conducir o acto. Na súa intervención pediulle ós candidatos que traballen moito para conseguir que esta comarca teña máis e mellares oportunidades. Acompañado polo secretario provincial, Diego Calvo, Negreira destacou a importancia destas eleccións, ás que concurren coa ilusión de acadar uns bos resultados, para que o PP siga sendo o partido de referencia nesta comarca. Un a un tódolos alcaldables foron subindo ó escenario: Santiago Freire por Noia; Teresa Villaverde por Lousame; Luis Oujo por Porto do Son; Inés Monteagudo por Muros; Manuel Ruiz por Ribeira; Juan José Dieste por Boiro e Carlos López Crespo por Outes. Restaría por elixir candidato en Carnota e Pobra do Caramiñal cuxos procesos xa están abertos.