A LI Festa do Marisco vende 58.000 racións na fin de semana

    O GROVE > Continúa a Festa do Marisco no Grove. Tralo éxito desta fin de semana onde se venderon 58.000 racións, ata esta vila meca seguen chegando comensais de tódolos puntos a degustar os excelentes productos das nosas Rías. Estivemos falando con asistentes e non encontramos a ninguén insatisfeito.

    Entre as racións máis vendidas figuran o polbo e a paella, aínda que a maior parte da xente non se priva por un día de probar todo canto marisco pode. De feito nesta primeira fin de semana xa venderon racións de marisco por valor de 170.000 euros. O mal tempo non está a ser un impedimento para xantar xa que nesta cincuenta e unha edición, está todo perfectamente acondicionado contra a chuvia. A satisfacción é tal que todos os enquisados recomendan a todo mundo achegarse ata a Praza do Corgo meca a probar estas exquisiteces. Teñen ata o domingo día 12.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/festa_marisco.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/balance_findesemana_marisco.mp4{/flowplayer}