“Se pechas Elnosa, enchúfanos en Cespa”, reclaman os traballadores ao alcalde de Pontevedra

PONTEVEDRA> “Se pechas Elnosa, enchúfanos en Cespa”, palabras coma estas lle dedicaban esta mañá os traballadores de Elnosa ao alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, nunha protesta que realizaron canda as súas familias ás portas do Concello. Os empregados da electroquímica amosaban así a súa preocupación polo futuro laboral que lles espera.

 

Acompañados dos seus fillos, os traballadores de Elnosa, realizaban esta mañá unha protesta ás portas do Concello de Pontevedra para deixar clara a situación de inseguridade na que viven agora mesmo polo futuro que lle espera á empresa. 

Despois doutro intento da directiva por reunirse con representantes do Concello, os traballadores cualifican de vergonzosa a negativa do alcalde a reunirse para tratar de atopar unha solución. Aseguran que Elnosa mantén unha comunicación coa Xunta na súa aposta polo cambio tecnolóxico pero temen que de non encontrar unha opción viable os prexudicados rematen sendo eles.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/30/protesta_elnosa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/30/protesta_elnosa.mp4{/flowplayer}