![]()
VILAGARCÍA> A obra ‘Oeste Solitario’ representarase o sábado no Auditorio. É candidata a seis premios María Casares e ó Max como espectáculo revelación.
{flowplayer}images/salnes/PTAC_OESTE_SOLITARIO.flv{/flowplayer}
A peza teatral Oeste Solitario será interpretada este sábado no Auditorio de Vilagarcía e posta en escena pola produtora Excéntricas. Trátase dunha historia ambientada no vello oeste e protagonizada por dous irmáns que se disputan o patrimonio familiar despois da morte do seu pai. Segundo o director da obra, Quico Cadaval, é un espectáculo violento e humorístico.
María Lado e Marcos Correa son dúas das persoas que forman parte do elenco de actores que darán vida a esta historia, obra do autor Martin Mac Donagh. Cada un deles relatounos cal é o seu papel no espectáculo, aínda que iso si, sen desvelalo final.
O espectáculo está nomeado a seis premios María Casares e ó premio Max coma mellor espectáculo revelación da tempada. As entradas xa se poden mercar a través de www.servinova.es ou o propio día en taquilla a partir das sete da tarde. Os prezos van desde cinco euros para a zona A e de catro para a B e a C.
Redacción Salnés










